Política de privacidade
EN AXÓUXERE temos respecto polos datos e a privacidade das persoas. Os datos que entran no noso sistema a través dos formularios de Axóuxere. Tenda online son exclusivamente para o uso dos servizos da Tenda Axóuxere (venda on-line de libros) e para atenderte da mellor maneira posíbel.
Cumprimos o Regulamento Xeral (UE) nº 2016/679 de Protección de Datos.
Temos os nosos ficheiros inscritos na Axencia de Protección de Datos, onde podes consultalos, como corresponde a todas as entidades que usan datos persoais.
Podes acceder a eles e rectificalos en todo momento. Se queres exercer o teu dereito ao acceso, rectificación, cancelación e oposición, só tes que enviarnos a túa solicitude xunto unha copia do NIF do titular a info@axouxerestream.com ou mediante correo postal a: Axóuxere Editora. Xens, 75. 15984 Araño. Rianxo.
Evidentemente, tes a garantía de que en ningún caso serán cedidos a terceiros, pois son absolutamente confidenciais e tratados co máximo coidado. Contamos cun sistema de seguranza que impide a súa perda e evita a alteración ou accesos non autorizados.
Cando navegas por axouxerestream.com, xéranse cookies que son precisas para o funcionamento dalgunhas partes do web e para extraer estatísticas das visitas que recibimos. En calquera caso son anónimas agás aquelas destinadas a conservaren o teu nome de usuario e password, neste último caso ao navegar pola nosa tenda. Ten en conta que podes desactivar as cookies cando queiras, dende o teu propio navegador.
Dende AXOUXERESTREAM opómonos absolutamente á práctica do spamming, polo que non enviamos información sobre as nosas actividades sen previo consentimento.
Se tes algunha dúbida a respecto da nosa Política de Protección de Datos, entra en contacto con nós.