Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Aproximacións a Manoel Antonio  

Xosé Luís Axeitos

272 páxinas / Prezo: 18€

 

Con razón dicía Baudelaire que proporciona certa gloria non ser comprendidos. A obra poética de Manoel Antonio, malia o tempo transcorrido desde a súa morte, segue a transmitir, como a do poeta francés, un certo halo de misterio, producido en gran parte porque non lle proporciona inmediatamente ao lector significacións últimas, definitivas. En efecto, a obra do rianxeiro, aínda examinada e lida con rigor, apunta sempre cara a un máis alá que non acada certezas absolutas. Lévanos, a súa lectura, a un eido no que a linguaxe é unha sorte de manifestación do ser como experiencia do pensamento e dunha contemplación estética anovadora, crítica, non clasicista. Non obstante, a verdadeira transcendencia da palabra de Manoel Antonio non radica na creación dese eido da linguaxe nin no ton que o sacraliza e conforma; a súa relevancia literaria reside na reflexión que proxecta sobre o propio acto creativo e sobre as dificultades conscientes de construír un texto espacializado e asemade un espazo textualizado. De aquí, da valoración desta complexidade, nacen as súas preocupacións metapoéticas e metacríticas, probablemente a faceta máis reveladora e interesante para deconstruír a poética do escritor e mariñeiro de Asados. Diríase que nunha primeira fase da súa creación achegarase ao tema paisaxístico con vontade e vocación política, debido ao tratamento identitario que o nacionalismo ten do espazo e do territorio propio. Nunha segunda etapa, sentada xa a validez identitaria e a súa estreita relación coa paisaxe, abordará o tema e dificultade do discurso literario. Debemos ter en conta que a metapoesía é unha forma de cuestionar as canles expresivas canonizadas pola tradición, pois facer poesía sobre a mesma poesía supón revisar, e mesmo cuestionar, a creación propia: non se trata de crear mecanicamente, de poetizar irracional ou instintivamente; trátase, en síntese, de indagar como e para que se escribe.

Prezo: 18,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. POLIMNIA
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Aproximacións a Manoel Antonio
Aproximacións a Manoel Antonio
Clica para aumentar
Aproximacións a Manoel Antonio
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (18)

Inmanencia Viral
Inmanencia Viral
Col. POLIMNIA
8,00€  
Formas da Indefinición
Formas da Indefinición
Col. POLIMNIA
8,00€  
Ensaios Radioativos
Ensaios Radioativos
Col. POLIMNIA
8,00€  
A escarpadura
A escarpadura
Col. POLIMNIA
8,00€  
Indeterminacións
Indeterminacións
Col. POLIMNIA
8,00€  
A via excêntrica
A via excêntrica
Col. POLIMNIA
8,00€  
Presenza dunha ausencia
Presenza dunha ausencia
Col. POLIMNIA
18,00€  
Dos arquivos xeométricos
Dos arquivos xeométricos
Col. POLIMNIA
18,00€  
Sexo e monstruosidade
Sexo e monstruosidade
Col. POLIMNIA
10,00€  
Oiko-nomía do xénero
Oiko-nomía do xénero
Col. POLIMNIA
18,00€  
Transmigrantes
Transmigrantes
Col. POLIMNIA
15,00€  
عين ('ayn)
عين ('ayn)
Col. POLIMNIA
15,00€  
Na defensa dos animais
Na defensa dos animais
Col. POLIMNIA
18,00€  
Vir a menos
Vir a menos
Col. POLIMNIA
18,00€  
A construción mediática do conflito
A construción mediática do conflito
Col. POLIMNIA
18,00€  
Ars numerica. Unha antropoloxía do capital
Ars numerica. Unha antropoloxía do capital
Col. POLIMNIA
14,00€  
Máis Alálá
Máis Alálá
Retallos
15,00€  
O governo neoliberal da vida
O governo neoliberal da vida
Col. POLIMNIA
18,00€