Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Ars numerica. Unha antropoloxía do capital  

Antón Fernández de Rota

150 páxinas / Prezo: 14€

 

Unha antropoloxía do capital, ou máis precisamente unha aposta por descifrar a esencia do capitalismo, na que o humano devén en tanto que suxeito e obxecto dos procesos económicos e tecnolóxicos. Esta é a tarefa a contracorrente que asume Ars numerica. Ao longo de dous séculos a crítica mantívose ancorada. Unha e outra vez tentou desvelar os segredos do capitalismo partindo da análise da forma-mercadoría. Mais, que aconteceria se o capitalismo fose pensado xa non a partir da mercadoría, senón do propio elemento que lle dá nome? Este ensaio cruza a análise de Foucault, emprendida en Les mots et les choses (As palabras e as cousas), coa crítica do valor. Leva até o presente a arqueoloxía do ser humano no seu dicir, facer e vivir, na linguaxe e na escrita, no traballo e no capital, na súa vida biolóxica e biográfica, para chegar a unha conclusión polémica. Circa 1800 xurdiron como preocupacións coetáneas a inquietude pola chamada «Morte do Home» e a pregunta polo capitalismo. Tras diagnosticar a forma do ánthropos que vén logo daquela defunción, Antón Fernández de Rota mostra como as mutacións antropolóxicas, xunto coas técnicas e económicas, deron forma a un tipo de humano que é en por si un capital vivo. O ensaio podería terse titulado «Programar e acreditar», pois estas son as dúas técnicas fundamentais para o gobemo diso que só neste momento histórico merece chamarse capitalismo; posto que unicamente agora se organiza a partir do capital tanto a nivel sistémico como subxectivo. De aí que non haxa que buscar orixes moi afastadas. O capitalismo é o que vén despois da recente «Morte do Home». Somos contemporáneos do seu nacemento.

Prezo: 14,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. POLIMNIA
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Ars numerica. Unha antropoloxía do capital
Ars numerica. Unha antropoloxía do capital
Clica para aumentar
Ars numerica. Unha antropoloxía do capital
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (17)

Inmanencia Viral
Inmanencia Viral
Col. POLIMNIA
8,00€  
Formas da Indefinición
Formas da Indefinición
Col. POLIMNIA
8,00€  
Ensaios Radioativos
Ensaios Radioativos
Col. POLIMNIA
8,00€  
A escarpadura
A escarpadura
Col. POLIMNIA
8,00€  
Indeterminacións
Indeterminacións
Col. POLIMNIA
8,00€  
A via excêntrica
A via excêntrica
Col. POLIMNIA
8,00€  
Presenza dunha ausencia
Presenza dunha ausencia
Col. POLIMNIA
18,00€  
Dos arquivos xeométricos
Dos arquivos xeométricos
Col. POLIMNIA
18,00€  
Sexo e monstruosidade
Sexo e monstruosidade
Col. POLIMNIA
10,00€  
Oiko-nomía do xénero
Oiko-nomía do xénero
Col. POLIMNIA
18,00€  
Transmigrantes
Transmigrantes
Col. POLIMNIA
15,00€  
عين ('ayn)
عين ('ayn)
Col. POLIMNIA
15,00€  
Na defensa dos animais
Na defensa dos animais
Col. POLIMNIA
18,00€  
Vir a menos
Vir a menos
Col. POLIMNIA
18,00€  
Aproximacións a Manoel Antonio
Aproximacións a Manoel Antonio
Col. POLIMNIA
18,00€  
A construción mediática do conflito
A construción mediática do conflito
Col. POLIMNIA
18,00€  
O governo neoliberal da vida
O governo neoliberal da vida
Col. POLIMNIA
18,00€