Fabricantes
 
Carro
0 items
 

TAZ  

Zona temporalmente autónoma

 

Hakim Bey

Tradución de Manuel del Río e Pablo Varela Pet
Introdución de Anxo Rabuñal

140 páxinas / Prezo: 10€

DESDE UN ESPÍRITO arraigado no anarquismo ontolóxico, o autor norteamericano propón as TAZ (iniciais en inglés de "Zonas Temporalmente Autónomas") como modelo de comunidades libertarias. Comunidades mutantes en tanto que a súa realización non é permanente nin localizábel para o sistema, pois no momento en que unha delas poida ser nomeada debe desaparecer como tal para re-aparecer noutro lugar e con outra forma distinta. Hakim Bey insta ao nomadismo psíquico como base para calquera desenvolvemento das TAZ, e propón a idea de Revolta fronte á de Revolución, pois entende esta última como un proceso asimilado por un sistema que o utiliza ciclicamente para autolexitimarse. Este libro considérase na actualidade como un dos manifestos ou textos-fonte de moitos dos movementos sociais contemporáneos; aparte de incidir, dun xeito tremendo, nas dificultades que ten unha civilización en se erixir a si mesma de modo totalitario, sen caer -por case necesaria involución- nun proceso de autodevoración. O carácter entre místico e político que Hakim Bey entrega neste libro dálle un forte pulo creador que nos fai videnciar novas posibilidades sobre o ánimo humano, no seu intento de re-construir a comunidade habitábel.

 

 
Prezo: 10,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. CLíO
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

TAZ
TAZ
Clica para aumentar
TAZ
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (6)

Chamamento
Chamamento
Col. CLÍO
10,00€  
Camiñando
Camiñando
Col. CLÍO
10,00€  
Eu son
Eu son
Col. CLÍO
12,00€  
A Cousa
A Cousa
Col. CLÍO
10,00€  
Vividores: Karlotti, un poema crónico
Vividores: Karlotti, un poema crónico
Retallos
14,00€  
bolo'bolo
bolo'bolo
Col. CLÍO
15,00€