Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Doce lúas  

Héctor Pose / Alberto Rguez. Fariña

108 páxinas / Prezo: 15€

Un novel licenciado en Farmacia arriba desde o sur a unha vila mariñeira. Mocea, casa e comeza un proxecto vital. Viven das crebas que o mar deita no areal. Mais o infortunio chega nunha marea para tronzar a felicidade da familia. Un galeno local receita baños de sol e mar no Atlántico para a filla adolescente. Certo día de calma chicha, unha manda de arroaces achégase ao áxil nadar da cativa e esta vira o sentido da súa derrota fuxindo pola escorrentía cara ao horizonte.
Doce lúas é o diario dun home que decide encasar e outear meditativo o mundo que o rodea. Un ano escrito desde o descarnado sentir. Textos de Héctor Pose (Malpica, 1964) e imaxes de Alberto Rguez. Fariña (Malpica, 1983) que maridan con sutil elegancia para descifrar o convivir en contextos miúdos onde a identidade, os patrimonios, a paisaxe e a condición humana revelan aspectos da face que nos compón e define. A experiencia do tempo que vive o ser, escrita como se a existencia pedise un haikai para cada instante.

 

Prezo: 15,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. CALÍOPE
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Doce lúas
Doce lúas
Clica para aumentar
Doce lúas
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (6)

Lapsus
Lapsus
Col. CALÍOPE
15,00€  
Delourando os días
Delourando os días
Col. CALÍOPE
20,00€  
Novas do Exterior
Novas do Exterior
Col. CALÍOPE
20,00€  
Mal mor
Mal mor
Col. CALÍOPE
12,00€  
Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno
Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno
Col. CALÍOPE
18,00€  
Torino
Torino
Col. CALÍOPE
18,00€