Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Termos e condicións

 

Pedidos
 

Para realizar un pedido é preciso entrar en Axóuxere.Tenda Online, seleccionar os produtos e rexistrarse cunha conta (a través dos formularios e as instrucións facilitadas) ou ben seleccionar a opción “Mercar sen crear conta”, seguindo os pasos indicados.

A aceptación das condicións de compra e a validación do pedido por parte do cliente supón expresamente o coñecemento e aceptación destas condicións xerais de contratación como parte da celebración do contrato. Salvo proba en contrario, os datos rexistrados por Axóuxere.Tenda Online constitúen a proba do conxunto de transaccións realizadas entre Axóuxere.Tenda Online e os seus clientes, que permanecerán arquivados e protexidos. O usuario poderá acceder ao seu historial de compras dende o seu panel de control, ao cal só se poderá acceder con contrasinal.

Prazos

 

 

O prazo de recepción dun pedido depende da dispoñibilidade dun produto en stock (destacado na súa ficha) e, unha vez que sae das nosas instalacións, do tempo de entrega do servizo de correos ou mensaxería. No caso de realizar un pedido de varios artigos con diferentes dispoñibilidades, o prazo para a expedición terá en conta a entrega prevista máis longa.

Se precisas unha data concreta, podes solicitarnos información sobre este punto previamente á realización do teu pedido

Os prazos indicados son orientativos. No caso de que existira algunha ruptura de stock ou indispoñibilidade puntual dun artigo, porémonos en contacto contigo para comunicarcho de inmediato e darche un novo prazo de entrega ou, se non fose posibel servirche un produto, proceder á súa anulación. En calquera caso, un retraso na entrega respecto aos prazos sinalados non dará dereito ao cliente a esixir indemnización algunha.

Xeitos de envío

Ordinario. A través de Correos. Unha vez que todos os produtos estean dispoñíbeis nas nosas instalacións, o pedido entregarase no seu enderezo nos seguintes prazos estimados:

-Envíos a Galicia: 5 a 7 días hábiles
-Envíos ao resto do Estado: 5 a 7 días hábiles
-Envíos á UE: 7 a 15 días hábiles
-Envíos Internacionais: para envíos internacionais consultar prazos e taxas enviando un correo a vendas@axouxerestream.com.

Urxente. Só dispoñibel no Estado Español, a través de MRW. Unha vez que todos os produtos estean dispoñíbeis nas nosas instalacións, o pedido entregarase nun prazo máximo de 3 días no seu enderezo. 

No suposto de que detectases algún problema no momento da entrega (embalaxe deteriorado, paquete aberto, produtos en falta ou deteriorados) debes indicalo por escrito no albarán de entrega do transportista, e contactar connosco dentro das primeiras 24 horas seguintes á recepción. Non se admitirá ningunha devolución de artigo deteriorado ou ausente fóra deste prazo establecido. 

Xeitos de pagamento

PayPal. Sen custe a maiores. Unha vez confirmado o pedido accederá á páxina externa de PAYPAL para completar o pagamento. Axóuxere.Tenda Online non terá acceso aos teus datos de PAYPAL, e simplemente recibiremos a confirmación de PAYPAL se o pago se realiza correctamente.

Pago ao recibir. Con custo a maiores. Recibirás o paquete no teu enderezo, tendo que realizar o pagamento no momento da entrega.

Transferencia bancaria. Sen custo a maiores. Unha vez confirmado o pedido deberás realizar unha transferencia ou ingreso na conta bancaria que che indicaremos. Polas condicións do noso stock, só podemos manter a reserva dun pedido pendente de pago durante unha semana (7 días naturais), despois anularase automaticamente.

Devolución e anulación

Se non quedas satisfeito, podes efectuar a devolución das túas compras realizadas en Axóuxere.Tenda Online, sempre e cando se conserven as embalaxes orixinais do produto. O prazo máximo para solicitar a devolución é de 7 días hábiles dende a recepción do pedido.

Podes realizar a devolución por calquera medio fidedigno. Devolverémosche o importe do produto pero non os gastos de envío abonados no pedido.

No caso de produtos defectuosos de orixe ou enviados por erro, unha vez que recibamos o produto de volta, Axóuxere.Tenda Online farase cargo dos gastos de envío, sempre do mesmo artigo. 

Seguridade

En Axóuxere.Tenda Online empregamos o sistema de encriptación SSL, que outorga total seguridade á transmisión de datos a través da Rede, polo que os teus datos persoais gozan de total confidencialidade e protección.

Consultas

Para calquera dúbida pode contactar connosco aquí.

Privacidade

Información dispoñíbel aquí

Lexislación

As operacións de compra realizadas en Axóuxere.Tenda Online sométense á lexislación española. En caso de incumprimento dalgunha das cláusulas deste contrato, as partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e os Tribunais de A Coruña.

 As presentes Condiciones Xerais de Contratación atópanse actualizadas a data 14-06-2011.