Fabricantes
 
Carro
0 items
 

A Cousa  

Martin Heidegger

 

Tradución de Almudena Otero & Ramón Palao

Introdución de Ramón Palao

124 páxinas / Prezo: 10€

PENSAR o presente conleva necesariamente encararmos unha cuestión fundamental: a indistinción, a indiferenza, a ausencia de separacións á que tende en xeral todo o devir do mundo contemporáneo, socialmente instaurado na procura do lixeiro, veloz e inmediato. Heidegger, filósofo sempre atento ás mutacións do tempo moderno, previsualiza un desprazamento no horizonte humano que aproxima a este, segundo a súa perspectiva, cara a unha ausencia de si, cara a unha difusión na que as experiencias deveñen lixeiras, vagas, imprecisas; ante esa vaguidade ve el o acontecer (subxacente) que forma as cousas do mundo, un acontecer nada claro; porén, moi axustado, certo. Situarse ante ese acontecer -e diante das cousas tal e como se aparecen- desvela o misterio da cercanía, isto é, móstranos o aquel do próximoPreguntarse pola proximidade devolve, de xeito natural, ao ser humano á radicalidade da existencia núa, á cuestión do experienciar como vida-que-coñece.

A Cousa é un texto fundamental na traxectoria de Martin Heidegger, ao que unha e outra vez volveu , posto que nel aparece (el mesmo o confesa varias veces) a insinuación dun pensar outro, un pensar no que a clásica re-presentación da realidade (ideal, fantasmagórica) se esvae cara ao que el chamou "o paso atrás" (schritt zurück), un renunciar -se cabe- á ideación absoluta de ideas e principios, un estar á escoita, un agardar, un entrelazarse no boscoso darse das cousas. 
Prezo: 10,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. CLÍO
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

A Cousa
A Cousa
Clica para aumentar
A Cousa
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (5)

TAZ
TAZ
Col. CLíO
10,00€  
Chamamento
Chamamento
Col. CLÍO
10,00€  
Camiñando
Camiñando
Col. CLÍO
10,00€  
Eu son
Eu son
Col. CLÍO
12,00€  
bolo'bolo
bolo'bolo
Col. CLÍO
15,00€