Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Mala Malona tiña tal... frío  

Cristina F.

24 páxinas (formato caderno) / Prezo: 8 €

Mala Malona apareceu por vez primeira hai 20 anos e, daquela, o cánido personaxe encontrou bo acubillo entre cativos e cativas, o seu espazo natural. Os contos de Mala Malona, que continuamos agora cunha nova aventura, son contos de dez frases con letra ben grande onde se contan historias circulares, nas que Mala Malona é o comezo e o remate. Son sempre un canto á liberdade, que se centra nesta ocasión no amor e no respecto á natureza.

Cristina F, con F de Ferreirós (Planeta Terra, 1962), estudou filosofía na Universidade de Santiago e leva xa vinte anos publicando contos de literatura infantil escritos e ilustrados por ela. Entre os máis coñecidos están os contos de Mala Malona (Sotela Blanco, 1998) e Alfombriña (Baía, 2008), así como a colección A Comer! (2012), ou O Pamparampán! (2015), ambos en edición da autora. Ten publicado ademais o pequeno caderno de verán Fragmentos e comentarios do diario íntimo de Cristina F (Estaleiro, 2012), e realizado ilustracións para publicacións como Razóns de Peso (Estaleiro, 2010), de Clara Gayo. Ao longo da súa traxectoria desenvolveu tamén un vínculo importante co ámbito do teatro, participando na creación de escenografías, atrezzo e textos en grupos como Berrobambán, Chévere ou Trompicallo. Mantén desde hai anos o blogue criscrascrus.blogaliza.org e actualmente traballa como persoal de apoio en centros de ensino infantil, dá paseos pola praia e o monte, e de cando en vez... escribe e debuxa, é dicir: navega.

Prezo: 8,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Retallos
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Mala Malona tiña tal... frío
Mala Malona tiña tal... frío
Clica para aumentar
Mala Malona tiña tal... frío
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (1)

Carabranca
Carabranca
Singulares
9,00€