Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno  

Roberto Abuín

264 páxinas / Prezo: 18€

Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que a creación poética e filosófica se recolleu durante moito tempo é o mito do descensus ad inferos (descenso ao inferno) protagonizado por Orfeo e Eurídice. Roberto Abuín insírese nesa mesma dramática para investigar algo esencial das persoas e do mundo: a forza conducente que a escura potencia do real manifesta na conformación do visible, deses eidos de luz nos que as vidas transcorren apracibles mais tamén fraxilmente. Orfeo canta. Iniciación signo & retorno é unha arriscada proposta a medio camiño entre poesía, narrativa e filosofía que se interna por unha senda exótica e inhabitual na escrita contemporánea. Nas súas páxinas bambea desde a figuración circular de Kore, señora do inframundo, tecedora das urdas que fan posible o existente, até a luminosidade da liberadora Ariadna, guiándonos polos rizomáticos labirintos das nosas psiques. Desde o Hades até Lesbos, a catábase órfica convértese nun modo de realización, nun xeito de acadar sentido, nun vieiro para o pensar. Nas texturas que latexan no libro unha danza se abre paulatinamente, nun espazo difícil de categorizar, desfechando o repregue das palabras que nos viven e nos dan sustento, e conferíndolle aos ollos unhas auráticas insospeitadas, panoramas novos, realidades por enxergar. Se un poder lle é concecido á poesía ha ser, seguramente, algo semellante ao que este libro tenta entregarnos.

 

 

 

Prezo: 18,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. CALÍOPE
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno
Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno
Clica para aumentar
Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (7)

Lapsus
Lapsus
Col. CALÍOPE
15,00€  
Delourando os días
Delourando os días
Col. CALÍOPE
20,00€  
Doce lúas
Doce lúas
Col. CALÍOPE
15,00€  
Novas do Exterior
Novas do Exterior
Col. CALÍOPE
20,00€  
Marisa
Marisa
Retallos
8,00€  
Mal mor
Mal mor
Col. CALÍOPE
12,00€  
Torino
Torino
Col. CALÍOPE
18,00€