Fabricantes
 
Carro
0 items
 

A via excêntrica  

Ronaldo Ferrito

104 páxinas / Prezo: 8€

 

Tomando como referencia metafísica o «Camiño de Santiago», Ronaldo Ferrito introdúcenos nun mundo no que a Interpretación (a hermeneusis) e o Camiñar (o andar, o percorrer un sendeiro, etc.) se fan unha mesma cousa. Unha «hermenéutica do andar». Un andar no que obra se vai aparecendo ao paso que dá o pé; andar que se descobre, por outra banda, a si mesmo como unha poética: o reflexo daquilo que o camiñante observa no ceo.

A via excêntrica, libro co cal Ferrito gañou a bolsa para escritores da Fundação Biblioteca Nacional do Brasil, en 2009, achéganos ao proceso da creación como un devir no que a obra se fai camiño e na que o (suposto) autor se devela a si mesmo «personaxe» dun drama no que se manifesta non nunha re-presentación (conxuro mecánico do ego), senón como unha presenza que xorde do descoñecido, dese locus que habita no centro da propia excentricidade. O ensaio proponnos unha desaparición das superficies de elementos separados, para permitir emerxer o plano do fondo que refigura todo a través dun novo xogo. O novo plano de consistencia, a nova superficie é a corredoira, o camiño-do-peregrino, o lugar de paso polo que anda o nómade. Xorde un novo enfoque non-lineal para comprendermos os camiños da poiesis nun mundo que se complexiza máis (a cada paso que dá o século), pero que tamén, noutro nivel non percibido, se clarifica. E entón é cando queda aquel eco: «andaba o errante polos camiños, cego ao mundo ordinario… andaba o errante configurando as novas interpretacións do mundo. O errante era o creador da historia, o facedor do relato».


Prezo: 8,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. POLIMNIA
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

A via excêntrica
A via excêntrica
Clica para aumentar
A via excêntrica
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (22)

Inmanencia Viral
Inmanencia Viral
Col. POLIMNIA
8,00€  
Formas da Indefinición
Formas da Indefinición
Col. POLIMNIA
8,00€  
Britney é inconsciente
Britney é inconsciente
Retallos
2,00€  
Seven Rounds
Seven Rounds
Retallos
2,00€  
Ensaios Radioativos
Ensaios Radioativos
Col. POLIMNIA
8,00€  
A escarpadura
A escarpadura
Col. POLIMNIA
8,00€  
Indeterminacións
Indeterminacións
Col. POLIMNIA
8,00€  
Presenza dunha ausencia
Presenza dunha ausencia
Col. POLIMNIA
18,00€  
Lapsus
Lapsus
Col. CALÍOPE
15,00€  
Dos arquivos xeométricos
Dos arquivos xeométricos
Col. POLIMNIA
18,00€  
Sexo e monstruosidade
Sexo e monstruosidade
Col. POLIMNIA
10,00€  
Oiko-nomía do xénero
Oiko-nomía do xénero
Col. POLIMNIA
18,00€  
Transmigrantes
Transmigrantes
Col. POLIMNIA
15,00€  
عين ('ayn)
عين ('ayn)
Col. POLIMNIA
15,00€  
Marisa
Marisa
Retallos
8,00€  
Mal mor
Mal mor
Col. CALÍOPE
12,00€  
Na defensa dos animais
Na defensa dos animais
Col. POLIMNIA
18,00€  
Vir a menos
Vir a menos
Col. POLIMNIA
18,00€  
Aproximacións a Manoel Antonio
Aproximacións a Manoel Antonio
Col. POLIMNIA
18,00€  
A construción mediática do conflito
A construción mediática do conflito
Col. POLIMNIA
18,00€  
Ars numerica. Unha antropoloxía do capital
Ars numerica. Unha antropoloxía do capital
Col. POLIMNIA
14,00€  
O governo neoliberal da vida
O governo neoliberal da vida
Col. POLIMNIA
18,00€