Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Vir a menos  

Brais Arribas

198 páxinas / Prezo: 18€

 

Unha das nocións máis controvertidas e tamén máis suxestivas do pensamento contemporáneo é a de nihilismo. O seu atractivo probablemente resida na súa ambigüidade e riqueza significativa, a cal abre a porta a interpretacións diversas e á construción de esquemas teóricos e códigos morais que poden chegar a ser radicalmente opostos entre si. A concepción tradicional acentúa o seu carácter negativo, concibíndoo como un modo de pensar e unha certa actitude vital, censurable e rexeitable. Porén, é posible concibir o nihilismo dun xeito diferente, ancorado nas condicións de existencia presentes e cun potencial crítico se cabe maior có tradicional, na medida en que amosa as contradicións internas dos mitos sobre os que se sostén a cultura tardomoderna, ofrecendo unha alternativa consistente e fiable á mesma. Vir a menos. Crítica da razón nihilista desenvolve este «novo nihilismo», cunha proposta que bebe do pensamento diferencial e do debolismo hermenéutico, e indo alén do estritamente teórico para dirixirse cara á esfera práctica, permitindo edificar un modo de entendernos a nós mesmos, unha maneira de configurar as relacións sociais e de interactuar co entorno de xeito máis afable e respectuoso e, por iso, menos violento e agresivo que o modo promovido pola ideoloxía hexemónica. Brais Arribas debuxa os principais trazos que definen unha racionalidade debilitada, que é fráxil porque se abre á diferenza e aos diferentes, que é precaria porque está atenta á pluralidade, ao que poidan dicir ou pensar os outros, tamén os seres vIvos que non falan pero si senten. Un pensamento que se exerce deixando que aparezan as voces silenciadas ou ocultas, que se practica no diálogo franco coas pequenas narracións que os grandes relatos da historia mantiveron acaladas. Deste xeito, unha razón que non se pretende impor e que non usa a forza só pode ser unha razón que vén a menos.

Prezo: 18,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. POLIMNIA
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Vir a menos
Vir a menos
Clica para aumentar
Vir a menos
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (13)

Inmanencia Viral
Inmanencia Viral
Col. POLIMNIA
8,00€  
Formas da Indefinición
Formas da Indefinición
Col. POLIMNIA
8,00€  
Ensaios Radioativos
Ensaios Radioativos
Col. POLIMNIA
8,00€  
A escarpadura
A escarpadura
Col. POLIMNIA
8,00€  
Indeterminacións
Indeterminacións
Col. POLIMNIA
8,00€  
A via excêntrica
A via excêntrica
Col. POLIMNIA
8,00€  
Presenza dunha ausencia
Presenza dunha ausencia
Col. POLIMNIA
18,00€  
Dos arquivos xeométricos
Dos arquivos xeométricos
Col. POLIMNIA
18,00€  
Sexo e monstruosidade
Sexo e monstruosidade
Col. POLIMNIA
10,00€  
Oiko-nomía do xénero
Oiko-nomía do xénero
Col. POLIMNIA
18,00€  
Transmigrantes
Transmigrantes
Col. POLIMNIA
15,00€  
عين ('ayn)
عين ('ayn)
Col. POLIMNIA
15,00€  
Na defensa dos animais
Na defensa dos animais
Col. POLIMNIA
18,00€