Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Indeterminacións  

Carlos Lema

114 páxinas / Prezo: 8€

 

É COMO SE houbese figuras que se estancan no tempo. Como se as diferentes discursións que o ser humano foi realizando no mundo acadasen unha determinación fixa, unha sedimentación errónea. Camiñando o tempo -e evolucionando historicamente- constatamos como antigas cosmovisións (que nun tempo pasado foron alimenticias e fértiles acubillamentos do espírito) se fan convulsos sistemas de signos, axioloxías decretadas como Absolutos, doutrinas dun carácter estrañamente fechado etotalizador. Ante esa forma de xerar "mundo" e "sentido" é ante a que se alza este libro, conxunto de ensaios publicados polo autor ao longo dos anos, en diversos medios. Neles unha mesma cuestión latexa no fondo: Que hai despois de toda esta instauración determinista de sentidos? Que pode aínda ser pensado cando as técnicas do saber e do poder (tal e como chegou a ver Michel Foucault) chegaron a tales niveis de densidade que o pensar parece esmorecer en urdiduras fascinadoras que nos cegan a visión? Que podemos ver e facer alén do Poder determinista que constrinxe o comportamento libre dos corpos e dos pensares? Son estes lúcidos ensaios que poñen en cuestión un modelo de pensamento común a esta época na que esas doutrinas (esas dogmáticas non críticas) se aparecen ante nós co esplendor dun Espectáculo xa caduco e murcho. Un fantástico percorrido polo lado crítico do real, por ese lado no que debemos discernir e ver, con ollos calmos, o acontecer formador do noso arredor.


Prezo: 8,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. POLIMNIA
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Indeterminacións
Indeterminacións
Clica para aumentar
Indeterminacións
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (14)

Inmanencia Viral
Inmanencia Viral
Col. POLIMNIA
8,00€  
Formas da Indefinición
Formas da Indefinición
Col. POLIMNIA
8,00€  
Britney é inconsciente
Britney é inconsciente
Retallos
2,00€  
Seven Rounds
Seven Rounds
Retallos
2,00€  
Ensaios Radioativos
Ensaios Radioativos
Col. POLIMNIA
8,00€  
A escarpadura
A escarpadura
Col. POLIMNIA
8,00€  
A via excêntrica
A via excêntrica
Col. POLIMNIA
8,00€  
Presenza dunha ausencia
Presenza dunha ausencia
Col. POLIMNIA
18,00€  
Lapsus
Lapsus
Col. CALÍOPE
15,00€  
Dos arquivos xeométricos
Dos arquivos xeométricos
Col. POLIMNIA
18,00€  
Sexo e monstruosidade
Sexo e monstruosidade
Col. POLIMNIA
10,00€  
Oiko-nomía do xénero
Oiko-nomía do xénero
Col. POLIMNIA
18,00€  
Transmigrantes
Transmigrantes
Col. POLIMNIA
15,00€  
عين ('ayn)
عين ('ayn)
Col. POLIMNIA
15,00€