Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Presenza dunha ausencia  

Sobre Maurice Blanchot

 

Anxo A. Rei ballesteros

140 páxinas / Prezo: 18€

Anxo Rei Ballesteros (Codeso, 1952 – A Coruña, 2008), ademais de autor de obras de culto na narrativa galega contemporánea (Loaira, Dos anxos e dos mortos, Non sei cando nos veremos, A noite do moucho) é tamén un dos grandes ensaístas cos que conta a aínda estraña tradición da ensaística en galego. Con obras como A outra memoria ou Tempo e vinganza, na súa escrita reflexiva Anxo abala entre os tópicos centrais da tradición cultural europea (a comunidade, o tempo histórico, a poesía como expresión do ser, a literatura como fracturación do mundano) e inquedanzas persoais froito moitas veces da súa propia laboura como escritor. Orixinal e arriscada a un tempo, a súa ensaística devén a manifestación do orixinario que porta o ser humano na súa vida e existencia.

Con Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot) a escrita de Ballesteros retoma a liña filosófica que —desde a Modernidade— interroga ao ser humano polo feito imaxinario da súa elaboración como persoa: a literatura como expresión (máis que metafísica) do ser, ou daquilo ao que constantemente remite a actividade humana na súa relación co descoñecido, co inefable, co inapreixable. Obra inédita, atopada entre os papeis do propio Anxo, manografada e nun estado non conclusivo, supón a derradeira reflexión ou divagación coa que contamos sobre as inquedanzas interiores que o escritor tiña no seu transcorrer como creador.

Prezo: 18,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. POLIMNIA
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Presenza dunha ausencia
Presenza dunha ausencia
Clica para aumentar
Presenza dunha ausencia
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (12)

Inmanencia Viral
Inmanencia Viral
Col. POLIMNIA
8,00€  
Formas da Indefinición
Formas da Indefinición
Col. POLIMNIA
8,00€  
Britney é inconsciente
Britney é inconsciente
Retallos
2,00€  
Seven Rounds
Seven Rounds
Retallos
2,00€  
A escarpadura
A escarpadura
Col. POLIMNIA
8,00€  
Indeterminacións
Indeterminacións
Col. POLIMNIA
8,00€  
A via excêntrica
A via excêntrica
Col. POLIMNIA
8,00€  
Dos arquivos xeométricos
Dos arquivos xeométricos
Col. POLIMNIA
18,00€  
Sexo e monstruosidade
Sexo e monstruosidade
Col. POLIMNIA
10,00€  
Oiko-nomía do xénero
Oiko-nomía do xénero
Col. POLIMNIA
18,00€  
Transmigrantes
Transmigrantes
Col. POLIMNIA
15,00€  
عين ('ayn)
عين ('ayn)
Col. POLIMNIA
15,00€