Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Veredevere  

Guilherme e Bastardo

libro de 56 páxinas e CD con 12 cortes / Prezo: 20€
Cun prefacio de Teresa Moure
e deseños de Séchu Sende

Este é o primeiro traballo de Guilherme e Bastardo, unha banda por definición heterodoxa e cuxo pulo fundacional é a hibridación de linguaxes e estilos, mais, por riba de todo, Veredevere é unha travesía utópica desde a música, a literatura e a visualidade, que integra o traballo de moitas persoas procedentes de diferentes ámbitos e se sintetiza nun fermoso libro-obxecto de feitura artesanal, con cuberta serigrafiada, e un cd de músicas que percorre ámbitos tan amplos como extensa é a viaxe que a súa escoita propicia.
No libro-cd poderedes atopar, alén das músicas e textos de Guilherme e Bastardo —que navegan entre o canto tradicional revisitado, a world music, o postpunk e a electrónica libertaria—, as colaboracións de Séchu Sende, Teresa Moure, Najla Shami, Mig Seoane e outr@s moit@s que fixeron parte desta común singradura, asi como as palabras musicadas de, Raida Rodríguez, Xelís de Toro, Márcio-André, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Arthur Rimbaud.

 

Prezo: 20,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. EUTERPE
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Veredevere
Veredevere
Clica para aumentar
Veredevere
Clica para aumentar
Veredevere
Clica para aumentar
Veredevere
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (2)

Porta para o exterior
Porta para o exterior
Col. EUTERPE
15,00€  
Desconhecido
Desconhecido
Col. EUTERPE
18,00€