Fabricantes
 
Carro
0 items
 

bolo'bolo  

P.M.

Tradución de Almudena Otero
Prólogo de P.M. á edición galega

232 páxinas / Prezo: 15€

   En palabras de P.M., "é evidente que debemos construír comunidades máis pequenas, autónomas, comunidades autárquicas, para que os mecanismos da Máquina, diñeiro, grande industria e Estado se volvan innecesarios. Por outra banda, non é xa posíbel retornar á vida máis libre de cazadores e recolledores, porque as bases naturais están arruinadas e somos demasiado numerosos. Sobre o tamano destas comunidades (bolos), sobre a relación entre elas, sobre organismos adicionais, sobre o uso das tecnoloxías, etc., temos que poder conversar. Este é o obxectivo que bolo’bolo persegue."

  bolo'bolo,    publicado en 1983, rapidamente convertido en clásico, constrúe, a través dunha linguaxe propia —o asa'pili— un contorno conceptual, simbólico, unha gramática do desexo nova para desenvolver aquilo ao que algúns chaman utopía e outros, coma nós, consideramos a realización de formas de vida despregantes, á marxe da patética e cruel MPT (Máquina Planetaria de Traballo) e da realpolitik neoliberal. Como di Hakim Bey "Un mundo no que a TAZ (Zona Temporalmente Autónoma) teña éxito en sentar raíces podería asemellarse ao mundo imaxinado por P.M. no seu bolo'bolo."

Sobre a autoría deste libro, podemos decir que P.M. son as iniciais máis comúns na guía de teléfonos de Zúrich. Por trás delas flúe a experiencia vital dunha persoa nutrida no espírito do Maio do 68, que co-creou e promoveu activamente espazos comunitarios durante o auxe dos movementos okupas na década dos 80, e que actualmente está implicada no desenvolvemento de proxectos colectivos urbanos e autónomos diversos. Podemos seguir a súa pegada, alén de en bolo'bolo, en Akiba (Paranoia City Verlag, 2007) ou a través de experiencias en proceso como o500.org.

Prezo: 15,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. CLÍO
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

bolo'bolo
bolo'bolo
Clica para aumentar
bolo'bolo
Clica para aumentar
bolo'bolo
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (6)

TAZ
TAZ
Col. CLíO
10,00€  
Chamamento
Chamamento
Col. CLÍO
10,00€  
Camiñando
Camiñando
Col. CLÍO
10,00€  
Eu son
Eu son
Col. CLÍO
12,00€  
A Cousa
A Cousa
Col. CLÍO
10,00€  
Vividores: Karlotti, un poema crónico
Vividores: Karlotti, un poema crónico
Retallos
14,00€