Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Novas do Exterior  

63.000 quilómetros de viaxes á cadea

 

Xosé Luís Santos Cabanas

380 páxinas / Prezo: 20€

En Novas do exterior. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea hai unha fronteira que divide o mundo, a que forman os muros e os arames da prisión, e tamén quilómetros e quilómetros de estradas, percorridos co desexo de achegarse a un ser querido, de reducir a distancia que o serpara do fogar. Crónicas dunha viaxe, a do autor e a súa compañeira, para ver o fillo, arrastrado polo espectáculo político construído arredor do que deron en chamar Resistencia Galega, e detido nunha operación policial na que foron usados procedementos tristemente próximos aos de tempos en aparencia xa superados. Un fillo condenado ao afastamento xeográfico, o illamento carcerario e a incerteza do próximo destino. Este libro lémbranos –perante a impunidade dun sistema que precariza a liberdade propia de cada cidadán– que a revolución do cotián é a mellor forma de resistencia, e que fronte á violencia do Estado temos armas que non disparan, senón que vencellan os seres humanos: un activismo de xestos solidarios que racha os muros das cadeas. Fronte á fala burocrática da administración carceraria e a súa visión unívoca, fronte aos berros e a linguaxe autoritaria, temos palabras que conversan e comparten. Fronte aos edificios grises e enreixados das prisións, que levantan muros entre a xente, posuímos a arquitectura colectiva dos afectos, a construción vagarosa, mais tamén firme, dun espazo común de liberdade.

Xosé Luís Santos Cabanas (Sabugueira, 1952), autor destas crónicas, ten publicado anteriormente Ahoulouuuuu...! (premio M. R. Figueirido, 1993), De noxos e de brétema: contos (Noroeste, 1996) e Conto para ler chovendo (Toxosoutos, 1997), o poemario Por estas palabras recadadas (ed. de autor, 2006), e colaboracións ciscadas por revistas, xornais e publicacións colectivas.

Prezo: 20,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. CALÍOPE
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Novas do Exterior
Novas do Exterior
Clica para aumentar
Novas do Exterior
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (6)

Lapsus
Lapsus
Col. CALÍOPE
15,00€  
Delourando os días
Delourando os días
Col. CALÍOPE
20,00€  
Doce lúas
Doce lúas
Col. CALÍOPE
15,00€  
Mal mor
Mal mor
Col. CALÍOPE
12,00€  
Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno
Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno
Col. CALÍOPE
18,00€  
Torino
Torino
Col. CALÍOPE
18,00€