Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Im-pulsos creativos  

Aránzazu Pérez Indaverea e Lucía Romaní (coord.)

156 páxinas / Prezo: 17 €

A supervivencia no universo creativo e cultural é complexa. Se falamos da xente que se aventura a traballar nas marxes das canles oficiais, aínda o é máis, pois devén unha forma de resistencia. A maneira de focalizar as cousas deste tipo de xente provoca un posicionamento teórico, político e crítico que se re-pensa a si mesmo constantemente, así como tamén todos aqueles elementos práxicos e conceptuais sobre os cales desenvolven o seu traballo os creadores. Esa postura, fundada nun inquebrantable desexo, vai polo xeral acompañada dun pulo que socializa os recursos e se basea nunha solidariedade coa cultura desde as bases. Im-pulsos creativos dirixe a súa atención á realidade dese tipo de procesos de xestión e creación contemporáneas que funcionan mormente de xeito independente, a través de once relatos de proxectos contados polos seus propios responsables. Atopámonos desde a transgresión dos modelos profesionais pechados e inamovibles até a dignificación do traballo creativo incidindo no seu valor social; mesmo hai quen explora na potenciación e apertura doutras formas de vida. Interesante achega para aportar materiais críticos ao debate contemporáneo arredor da xestión cultural e da investigación en subxectividades transformadoras e en transformación.

Aránzazu Pérez Indaverea (Cidade de México, 1983) é investigadora en Historia da Arte no grupo HAYDU da USC. Desenvolve a súa investigación no ámbito das relacións entre a arte e as novas tecnoloxías, a concepción do lúdico e a arquitectura contemporánea. Neste eido ten realizado estadías na Université Paris 1 e na TU Delft, e colaborado en diversas publicacións internacionais.

Lucía Romaní (Ribeira, 1981). Artista, docente e investigadora. Doutora en Belas Artes pola UVIGO, a súa tese xira en torno ás relacións entre arte e espazo público no contexto galego. Membro do colectivo artístico COVA. Actualmente dirixe diversas iniciativas no ámbito educativo e da creación contemporánea, labor que compaxina coa súa actividade artística.

Prezo: 17,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Retallos
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Im-pulsos creativos
Im-pulsos creativos
Clica para aumentar
Im-pulsos creativos
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (3)

Tar0t Esquizoan4lise
Tar0t Esquizoan4lise
Retallos
8,00€  
bolo'bolo
bolo'bolo
Col. CLÍO
15,00€  
Teoria da imagem
Teoria da imagem
Retallos
10,00€