Fabricantes
 
Carro
0 items
 

Na defensa dos animais  

Oscar Horta

308 páxinas / Prezo: 18€

 

Imaxina que podes decidir en cal dos seguintes dous mundos vivir. No primeiro, o mundo actual, os seres humanos facemos que os animais sofran e morran, e desentendémonos do que lles aconteza. No segundo, que é outro mundo posíbel, os animais son respectados. Supoñamos que non soubeses se foses nacer coma ser humano ou coma calquera outro animal. Cal destes mundos escollerías? Pensa agora noutra situación hipotética. Imaxina que vives nun lugar onde, en moitos sitios distintos, hai colocados uns botóns vermellos moi visíbeis nos que calquera pode premer. Cada vez que tocas nun, fas que un animal, ou varios, sofran de xeitos terríbeis e morran. Mais ao pulsalo obtés unha sensación agradábel. Tocarías neses botóns? Neste libro convídasenos a facernos estas e outras preguntas, animados cunha vontade de meditación ética, co obxecto de repensar a nosa actitude cara aos animais. Pois o certo é que tradicionalmente acostumouse a pensar que os animais de especies distintas da nosa son cousas que podemos empregar á vontade, e por cuxa situación non nos temos que preocupar. Porén, esa idea está a ser abandonada por moita xente, paseniñamente. Por que é que isto está a acontecer? Que motivos teñen todas esas persoas que se están a unir, nun número cada vez maior, á causa da defensa dos animais?

Prezo: 18,00€
Dispoñibilidade: En Stock
Colección: Col. POLIMNIA
Editora: Axouxere Edicións
Valoración: Non valorado

Na defensa dos animais
Na defensa dos animais
Clica para aumentar
Na defensa dos animais
Clica para aumentar

Opinións (0)

Escribe Comentario
O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non se traduciu!

Valoración: Malo            Bo

Introduce o código a continuación:

 

Libros relacionados (12)

Inmanencia Viral
Inmanencia Viral
Col. POLIMNIA
8,00€  
Formas da Indefinición
Formas da Indefinición
Col. POLIMNIA
8,00€  
Ensaios Radioativos
Ensaios Radioativos
Col. POLIMNIA
8,00€  
A escarpadura
A escarpadura
Col. POLIMNIA
8,00€  
Indeterminacións
Indeterminacións
Col. POLIMNIA
8,00€  
A via excêntrica
A via excêntrica
Col. POLIMNIA
8,00€  
Presenza dunha ausencia
Presenza dunha ausencia
Col. POLIMNIA
18,00€  
Dos arquivos xeométricos
Dos arquivos xeométricos
Col. POLIMNIA
18,00€  
Sexo e monstruosidade
Sexo e monstruosidade
Col. POLIMNIA
10,00€  
Oiko-nomía do xénero
Oiko-nomía do xénero
Col. POLIMNIA
18,00€  
Transmigrantes
Transmigrantes
Col. POLIMNIA
15,00€  
عين ('ayn)
عين ('ayn)
Col. POLIMNIA
15,00€